Publicador de contidos
Publicador de contidos

Adiántase a saída da fragata Blas de Lezo cara ao mar Negro

Adiántase a saída da fragata Blas de Lezo cara ao mar Negro

O comandante da 31.ª Escuadrilla de Superficie da Armada, Gonzalo Leira, detalla a actividade que realizará a fragata

G24.gal 21/01/2022 07:57

A fragata Blas de Lezo sae este venres á mañá dende o Arsenal de Ferrol con destino ao mar Menor para logo partir cara ao mar Negro.

Estaba previsto que a Blas de Lezo se engadise ao Meteoro máis adiante, pero finalmente farao antes pola crecente tensión entre a OTAN e Rusia.

Foi o comandante da 31.ª Escuadrilla de Superficie da Armada, Gonzalo Leira, o que compareceu no Arsenal de Ferrol para detallar a actividade que realizará a fragata Blas de Lezo durante a despregadura que iniciará este venres.

O comandante Gonzalo Leira destacou que non se celebra un acto de despedida cos familiares pola alta incidencia da covid–19. A fragata partirá cando se completen todos os protocolos hixiénico-sanitarios e espera que saia esta noite ou á primeira hora da mañá deste sábado.

Gonzalo Leira destacou que as Forzas Navais Permanentes da OTAN teñen como misión manter un alto grao de dispoñibilidade para actuar ante calquera escenario en que se poida producir unha crise que poida afectar á seguridade.

A fragata integrarase na Agrupación Permanente Naval número 2 onde se desenvolve un intenso calendario de actividade baixo a dependencia do mando marítimo aliado que se atopa no Reino Unido.

A dotación da Blas de Lezo está conformada por uns 190 militares, dos que 20 son mulleres, e está previsto que fagan unha breve escala na base naval de Rota e que se incorporen á Unidade Aérea Embarcada, composta por 18 persoas.

Gonzalo Leira quixo destacar o esforzo de toda a dotación da Blas de Lezo no intenso proceso de preparación que se viu dificultado por unhas condicións especiais marcadas pola pandemia.

O comandante afirmou que a fragata leva a carga de armamento habitual para as despregaduras operativas que realiza con normalidade. Afirmou que os buques da Armada están en condicións de facer fronte ante calquera circunstancia que se presente.

Sobre a participación de máis buques, Leira afirmou que está previsto que a próxima semana saia a Juan de Borbón e se incorpore durante un breve período ás operacións de despregadura do grupo de combate francés para realizar uns adestramentos con eles.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade