Publicador de contidos
Publicador de contidos

Aemet avisa de temperaturas excepcionalmente altas: mais de 35º os próximos días

Aemet avisa de temperaturas excepcionalmente altas: mais de 35º os próximos días

Unha masa de aire africano cálido e seco sobre a Península e as Baleares mesmo deixará ata 40 graos no val do Guadalquivir

No Cantábrico e en Galicia, aínda que tamén serán anormalmente altas, por riba dos 25, non superarán os 30º

G24.gal 23/04/2023 16:14 Última actualización 23/04/2023 19:51

Unha masa de aire africano moi cálido e seco sobre a Península e as Baleares durante os próximos días deixará "temperaturas excepcionalmente altas" para a época do ano, que poderían alcanzar valores de ata 35 graos en amplas zonas do país e mesmo 40 graos no val do Guadalquivir.

A este forte aumento da temperatura contribuirán as condicións de estabilidade atmosférica e de forte insolación en todo o territorio, que provocarán un "progresivo e marcado ascenso" das máximas, con valores propios do verán, alertou a Axencia de Meteoroloxía (Aemet) nun comunicado.

O martes e, en especial o mércores, xa se espera que as temperaturas máximas sexan superiores aos 30 graos en gran parte da metade sur peninsular e localmente tamén no val do Ebro, mentres que no interior de Murcia e Valencia, no val do Guadalquivir e no interior de Huelva e Cádiz, poden alcanzarse os 35 graos.

Salienta a probabilidade de que o xoves e o venres se alcance "a fase culminante deste episodio" con 30 graos en boa parte da metade norte peninsular e nas Baleares, a excepción do extremo norte peninsular.

No Cantábrico e Galicia, aínda que as temperaturas serán "anormalmente altas", por riba dos 25 graos, non se espera que alcancen os 30 graos, explicou a Axencia, para facer fincapé en que na metade sur peninsular e no val do Ebro alcanzaranse de forma xeneralizada os 35 graos, con maior intensidade no val do Guadalquivir, onde se podería chegar ata 40 graos.

Respecto ás temperaturas mínimas, tamén serán "anormalmente altas en todo o país", en especial en Andalucía, onde localmente pode haber noites tropicais, sen baixar dos 20 graos.

Aemet prognosticou que se producirá a últimas horas do sábado, e con maior probabilidade o domingo, un descenso térmico notable pola entrada dunha masa de aire máis húmida e fresca polo oeste da Península, e que con elevada incerteza podería deixar tormentas illadas na metade norte peninsular.

Respecto ás temperaturas, o sábado aínda se superarán os 30 graos na metade norte e nas Baleares, e os 35 graos na metade sur e val do Ebro, e o domingo, coa entrada de ventos do oeste, os valores máximos espéranse nos litorais mediterráneos, onde se poderán alcanzar os 35 graos e o descenso térmico tería que esperar ata o luns.

No val do Guadalquivir e o val do Ebro aínda se poderían alcanzar os 30 graos o domingo, pero no resto do país xa se esperan valores inferiores para finalizas así este episodio de temperaturas excepcionalmente altas para a época do ano.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade