Publicador de contidos
Publicador de contidos

Airean os bancos marisqueiros máis arrasados a ría de Noia para que prenda a desova

Airean os bancos marisqueiros máis arrasados a ría de Noia para que prenda a desova

A confraría rastrexará durante dúas semanas os fondos da zona das Saíñas 

As larvas de ameixa e berberecho arraigan mellor nos chans menos compactados

Os 1.400 integrantes desta confraría levan sen poder mariscar desde novembro 

G24.gal 22/03/2024 13:25

Os 1.400 mariscadores da ría de Noia están en dique seco desde novembro. Todas as súas zonas de produción acusaron o impacto das riadas, pero a situación é especialmente crítica nas Saíñas, porque é moito máis sensible aos excesos de auga doce que chegan do Tambre.

Estes días os técnicos da confraría verificaron de novo que aquí non hai nin rastro das especies comerciais que debería haber: ameixa fina, babosa e berberecho. Por iso os responsables da confraría queren axudar a que o banco volva ser produtivo rastrexando os fondos para que queden menos compactados do que están para cando empece o tempo da desova.

"A ver se con algo de sorte a larva agarra. E despois intentar sementar algo neste terreo que queda máis brandiño" 

Durante dúas semanas, os traballadores da confraría fan en certo modo o que farían día a día mariscadores e mariscadoras se estivesen en activo. Con este labrado, semellante ao que se fai para airear a terra para as sementeiras, preparan o substrato para que arraiguen mellor as larvas que circularán pola zona dentro de pouco. 

Cos mapas de xeolocalización verifican que os trazados de rastrexo cobren todo o fondo Cos mapas de xeolocalización verifican que os trazados de rastrexo cobren todo o fondo

Por moi ben que resulte o traballo que están facendo para favorecer o arraigamento da desova natural e da sementeira que pensan facer, aínda que non haxa novas riadas, saben que terán que agardar bastante ata poder recoller os froitos. 

"Os biólogos din que medran dun ano para outro... Aínda falta moito para a próxima campaña; a ver se hai sorte".

O banco das Saíñas está no fondo da ría e sofre máis o impacto das riadas do Tambre O banco das Saíñas está no fondo da ría e sofre máis o impacto das riadas do Tambre
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar