Publicador de contidos
Publicador de contidos

Alcaldes do Camiño francés reúnense en Santiago

Alcaldes do Camiño francés reúnense en Santiago

Manteñen un encontro para celebrar o ano santo que está a piques de rematar

G24.gal 05/11/2022 14:21 Última actualización 05/11/2022 15:02

Unha comitiva de alcaldes de concellos polos que pasa o Camiño francés reúnense esta fin de semana en Santiago para celebrar este ano santo que está piques de rematar.

O presidente da Xunta recibiunos no Obradoiro e animounos a sumar forzas para repetir nos dous próximos xacobeos que se van celebrar nesta década as cifras históricas que se están rexistrando neste 2022.

Alfonso Rueda ofrece a colaboración do Goberno galego para aproveitar as oportunidades económicas que ofrece o Camiño, sobre todo aos concellos máis pequenos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade