Publicador de contidos
Publicador de contidos

Alerta na Coruña polos novos roubos en coches estacionados

Alerta na Coruña polos novos roubos en coches estacionados

Interpuxéronse 34 denuncias en tres días

Rompen as ventás e rouban os obxectos de valor

G24.gal 22/03/2022 14:06

Coas catro rodas picadas e unha ventá rebentada, así apareceu unha furgoneta estacionada no barrio coruñés do Castrillón. Pero non é un caso illado.

Os roubos en vehículos estacionados son de baixo risco e cada vez máis frecuentes en varias zonas da cidade. No Castrillón, por exemplo, denuncian amais vandalismo e inseguridade.

Segundo datos do sindicato Unión Federal da Policía en Galicia, A Coruña é a cidade galega onde máis medrou a delincuencia durante o 2021. Así, desde a Delegación do Goberno informaron de que van aumentar, polo menos polas noites, as patrullas da Policía Nacional para intentar frear os roubos e a inseguridade que din que viven os cidadáns.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade