Publicador de contidos
Publicador de contidos

Villares: "A Xunta defenderá as súas competencias para preservar a lei do litoral"

Villares: "A Xunta defenderá as súas competencias para preservar a lei do litoral"

O conselleiro do Mar critica que a decisión do Goberno central de recorrer contra a lei deixa "o sector sumido na incerteza"

Lembra que o Observatorio Galego do Litoral avala que a lei se axusta á Constitución

G24.gal 14/10/2023 14:47 Última actualización 14/10/2023 16:59

Desde a consellería do Mar volven defender a lei autonómica de xestión e ordenación do litoral de Galicia e esixen coñecer o informe do Consello de Estado sobre o que basea o recurso presentado polo Goberno central ante o Tribunal Constitucional.

"Paréceme que é totalmente absurdo por parte dun Goberno que toma esta decisión o último día a última hora sen ter contacto coa Administración da Xunta e cando está negociando con outras comunidades cousas máis que discutibles dentro da Constitución", dixo Alfonso Villares.

O conselleiro do Mar facía estas declaracións na inauguración da depuradora e cetaria de mariscos Crebamar.

Segundo a Xunta, a decisión do Goberno creou moita "incerteza no sector" das industrias do mar en toda Galicia e insisten en que "hai moitos postos de traballo en risco". A vindeira semana desde a Xunta reuniranse co sector e estudan recorrer contra a suspensión da lei galega do litoral.

"A Xunta o que vai facer é defender as nosas competencias e a nosa lei, que está ditada e examinada polas cabezas máis lúcidas que ten Galicia dentro da Administración e dentro da Universidade. Defenderemos as nosas competencias onde haxa que defendelas", engadiu.

Destacan ademais que o Observatorio Galego do Litoral avala que a lei se axusta á Constitución. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade