Publicador de contidos
Publicador de contidos

Álvaro Martín gaña o bronce nos 20 quilómetros marcha

Álvaro Martín gaña o bronce nos 20 quilómetros marcha

O atleta pacense mantívose entre os primeiros ao longo de toda a proba

É a segunda medalla para a delegación olímpica española

Fonte: EFE Fonte: EFE
G24.gal 01/08/2024 09:20

A proba de 20 quilómetros marcha abriu a xornada olímpica de hoxe, e fíxoo con boas novas para a delegación española. Álvaro Martín conseguiu coarse entre os tres primeiros, gañando un novo bronce para España. O corredor pacense chegaba a París como vixente campión do mundo nesta modalidade do atletismo, e o seu papel na carreira estivo á altura das expectativas.

Os tres españois que participaban na proba situábanse no grupo destacado ao comezo da mesma. Malia que Paul McGrath e Diego García rematarían por descolgarse da cabeza de carreira, Martín aguantou, e con el, as opcións españolas de sumar unha nova medalla.

A menos de 5 quilómetros para o remate da carreira, un grupo conformado polo ecuatoriano Brian Pintado, o brasileiro Caio Bonfim, o propio Martín e o italiano Massimo Stano distanciábase do resto de competidores. O transalpino foi perdendo folgos a medida que a proba se achegaba á súa fin e o español aproveitouno para asegurar a medalla.

Novo metal para España que suma dous bronces no que vai de Olimpíadas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade