Publicador de contidos
Publicador de contidos

Ameaza con estoupar o edificio en Ourense mentres tiraba cousas pola ventá

Ameaza con estoupar o edificio en Ourense mentres tiraba cousas pola ventá

Nas próximas horas está previsto que pase a disposición xudicial o home que onte se atrincheirou nun piso da cidade de Ourense

Ocorreu despois dunha discusión coa súa parella

Atrincheirouse nunha vivenda do segundo piso
G24.gal 01/08/2022 14:22

Durante máis de catro horas estivo atrincheirado na súa vivenda o inquilino dun segundo piso deste edificio de Ourense, mentres axentes da Policía Nacional trataban de tranquilizalo. Os bombeiros, que tamén se desprazaron ao lugar, mesmo instalaron un colchón de salvamento ao pé do edificio: "Por se se tiraba. Tamén puxeron unhas cintas para desviarnos por outro lado", explica Lucía Fernández, testemuña do suceso.

A Lucía, veciña do edificio lindeiro, espertárona os berros dunha discusión entre o home e a súa parella, contra as oito e media da mañá. El ameazaba con facer estoupar o edificio.

"Estaba gritando moitas cousas, entre elas que lle daba igual matarse el ou matar os policías. Viñeron tamén os bombeiros e os do gas, porque ameazaba con queimar todo", di Lucía.

En canto chegaron os equipos de emerxencias, a muller recibiu asistencia psicolóxica e abandonou o lugar, mentres o home seguía encerrado na vivenda, desde onde lanzou varios obxectos á rúa.

"Primeiramente, berrando. Eu vin que a policía estaba recollendo uns garfos, e o do tendal díxomo a miña nai. Pero a bolsa teño eu o vídeo, que o gravei, tirouno pola ventá, case encesta no balcón de en fronte. E dicía que el non fixera nada".

A Policía acordoou a zona e mobilizou o Operativo Especial de Seguridade, os GOES, desprazados desde A Coruña, que finalmente conseguiron entrar na vivenda. Esposaron o home e levárono en ambulancia. Agora está detido, nos calabozos da Policía Nacional, á espera de pasar a disposición xudicial.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade