Publicador de contidos
Publicador de contidos

Ameaza cunha pistola a un obreiro que ancheaba a estrada diante da súa casa en Friol

Ameaza cunha pistola a un obreiro que ancheaba a estrada diante da súa casa en Friol

O investigado, garda civil retirado, apuntoulle á cabeza para que parase a máquina

Está acusado dun delito de ameazas e doutro de posesión ilícita de armas

A ocupación da leira do investigado polas obras foi a orixe da lea A ocupación da leira do investigado polas obras foi a orixe da lea
G24.gal 14/07/2022 13:28

Investigan un veciño de Friol por ameazar cunha pistola a un obreiro que traballaba nas obras de ampliación da estrada que lle pasa por diante da casa.

Ao parecer, non estaba de acordo coa ocupación da súa leira. Xa declarou no xulgado e a maxistrada decretou a posta en liberdade, coa obriga que comparecer unha vez ao mes, a prohibición de portar armas e a prohibición de acercarse ao traballador ou comunicarse con el. Está investigado por un delito de ameazas e outro de posesión ilícita de armas.

A lea tivo lugar en Condes, no tramo que están ampliando da estrada. O obreiro estaba traballando coa máquina, cando o veciño saíu da casa. Enfrontouse a el dicindo que estaba a traballar nunha leira privada.

Despois de discutiren, o home marchou para a casa e ao pouco volveu cunha pistola no cinto. Sacouna, cargouna e apuntou ao traballador dicíndolle que seguise traballando se se atrevía, cousa que o obreiro fixo. Finalmente e despois de estar apuntado un anaco á súa cabeza o agora detido baixou a arma e marchou para a casa.

Inmediatamente, os obreiros chamaron pola Garda Civil, que se presentou aos poucos minutos con varias patrullas. Fixeron un rexistro da vivenda e atoparon varias armas curtas, escopetas e un puño americano. Entre elas estaba a que fora arma regulamentaria deste home, que é garda civil retirado.

Hai que dicir que, ao parecer, denunciara a desaparición desa pistola.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade