Publicador de contidos
Publicador de contidos

Amplían á contorna da presa de Bouteiro a busca da muller desaparecida no Carballiño

Amplían á contorna da presa de Bouteiro a busca da muller desaparecida no Carballiño

O dispositivo reactívase cos mergulladores da Garda Civil, efectivos de Seguridade Cidadá, Seprona e Protección Civil

G24.gal 17/01/2024 09:27

O dispositivo de busca da muller de 54 anos desaparecida o pasado domingo no Carballiño (Ourense) retómase este mércores coa luz plena do día.  

Segundo confirmaron fontes da Garda Civil de Ourense, o rastrexo comezará na contorna da presa de Bouteiro, despois de que nas últimas horas se centrase tamén en rastrexar o río Arenteiro, tras aparecer o seu paraugas próximo aos núcleos de Godás e Ponterriza.  

O dispositivo reactivarase coa participación de efectivos do Grupo Especialista en Actividades Subacuáticas (GEAS) —mergulladores da Garda Civil—, efectivos de Seguridade Cidadá, Seprona e Protección Civil. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade