Publicador de contidos
Publicador de contidos

Ana Obregón revela que a nena que tivo por xestación subrogada é a súa neta

Ana Obregón revela que a nena que tivo por xestación subrogada é a súa neta

Foi a última vontade de seu fillo Aless antes de falecer, que deixou plasmada nun testamento

G24.gal 05/04/2023 14:04

A actriz Ana Obregón sorprendeunos a todos anunciando que a pequena que naceu por xestación subrogada en Miami é en realidade a súa neta. Asegura que foi a última vontade de seu fillo Aless antes de falecer, que deixou plasmada nun testamento hológrafo.

A avogada Carmen González Ferro cóntanos que este é un testamento manuscrito, que se pode facer na casa e que se debe validar ante notario tras o deceso do testador. 

María Sierra, avogada especialista en dereito de familia, puntualiza que debe ir asinado tamén por dúas testemuñas e que a sinatura do testador ten que ser autentificada para vixiar que realmente se estean a cumprir as súas últimas vontades.

Afirma Ana Obregón  que tomou a decisión de iniciar o proceso o mesmo día do falecemento de seu fillo, empregando as mostras de esperma que el gardara nunha clínica antes de comezar o tratamento contra o cancro.

O doutor Manuel Viso comenta que é habitual ofrecer esta opción aos pacientes que van ser sometidos a tratamentos de quimio ou radioterapia, xa que poden causar infertilidade.

Ana Obregón asegura que todo é legal e que o único que fixo foi cumprir a última vontade do seu fillo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade