Ana Obregón non poderá rexistrar a meniña como neta
Ana Obregón non poderá rexistrar a meniña como neta
En España a inseminación co seme dun pai morto ten límites
O caso de Ana Obregón segue xerando debate legal. Os expertos din que a pesar de que a nena é a súa neta biolóxica, non poderá rexistrala como tal. Terá que anotala como filla. E para iso, deberá ten unha resolución dos Estados Unidos en que conste que é a nai.
Os propios xuristas recoñecen que o debate é complexo, e poñen o foco na resolución xudicial que se dite nos Estados Unidos.
O avogado Evaristo Noguera, exlica que "traerá unha resolución dos Estados Unidos conforme ela é a nai desa nena e o que intentará é validala conforme o ordenamento xurídico español. En principio non lle vexo ningún problema como inscrición na súa condición de nai da menor".
Caso diferente é que a presentadora busque darlle a paternidade o seu fillo Álex. En España, a inseminación co seme dun pai morto ten límites, "sempre dentro do ano seguinte á morte. Dío a lei de reprodución asistida, e neste caso non se dá", incide Nogueira.
Polo tanto, sería ilegal e podería impugnarse, "entón haberá que ver tamén cal é a postura do ministerio fiscal, como tutelante dos dereitos dos menores, cara a inscrición ben como filla de Ana García Obregón, ben como filla do fillo falecido de Ana García Obregón. Esta segunda posibilidade, insisto, véxoa moito máis complexa que a primeira", engade o avogado.
A xustiza española nunca se enfrontara a un caso coma este, que mesmo deixa flocos futuros se a pequena decide, con 18 anos, pedir a filiación do seu pai.