Ana Peleteiro gaña en Valencia pero non logra a mínima olímpica
Ana Peleteiro gaña en Valencia pero non logra a mínima olímpica
Os galegos Adrián Ben e Belén Toimil tamén venceron nas súas probas
A pesar de que Peleteiro afirmou que chegaba moi ben para lograr a mínima olímpica marcada pola RFEA, quedou a dez centímetros de certificar a súa presenza en París con 14.10 nunha proba na que María Vicente foi segunda con 14.08
"Moi contenta, estou por riba dos 14 metros. Estou para unha gran marca".
"Acabo de ser nai. No campionato de España espero atopar as sensacións".
O campión de Europa, Adrián Ben, gañou os 800 cun tempo de 1:47.75 e Javier Mirón quedou terceiro con 1:48.30.
"Este inverno traballei duro. Fixen 160 km á semana. Toca sementar para apañar".
Pola súa banda, a plusmarquista nacional Belén Toimil, foi a clara dominadora do lanzamento de peso con 17.80 logrado no seu primeiro intento.