Publicador de contidos
Publicador de contidos

Ana Pontón pide a todas as persoas descontentas coa política que aposten polo BNG

Ana Pontón pide a todas as persoas descontentas coa política que aposten polo BNG

A líder do BNG asegurou que estas son as eleccións máis importantes da historia de Galicia

G24.gal 30/12/2023 17:06

A voceira e candidata á presidencia da Xunta do BNG, Ana Pontón, puxo este sábado en valor a forza do partido nacionalista de cara ás vindeiras eleccións autonómicas. Con referencias á importancia das bases do partido, asegurou que están ante as eleccións máis importantes da historia de Galicia. Pontón fixo un chamamento a todos os descontentos coa política a apostar polos nacionalistas.

"Este 18 de febreiro toca gañar, toca poñer en marcha a mellor Galicia, e se todas as persoas que queren un cambio se mobilizan nas furnas, se todas as persoas que queren un cambio concentran o seu apoio no BNG, imos facer realidade ese proxecto ilusionante de poñer en marcha un novo proxecto de país, e faremos historia coa primeira presidenta do BNG", aseguraba Ana Pontón no consello nacional do BNG.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade