Animalistas denuncian un polémico vídeo da matanza dun porco en Carnota
Animalistas denuncian un polémico vídeo da matanza dun porco en Carnota
Acusan o autor do vídeo de maltratar o animal e de non matalo segundo o protocolo
Polémica pola difusión dun vídeo nas redes sociais da matanza dun porco en Carnota. Nas imaxes, que o seu autor retirou despois, o animal semella agonizante, o que provocou a denuncia de grupos animalistas. Unha denuncia da que polo momento nin o PACMA nin o SEPRONA confirmaron que estea xa interposta.
Os feitos ocorreron a poucos metros do centro de Carnota, nunha vivenda familiar onde o presunto autor do vídeo leva anos facendo matanzas, segundo varios veciños. Uns veciños que non quixeron pronunciarse diante das cámaras sobre unha polémica que xurdía por ese vídeo no que semella que o animal aínda esta vivo despois de cortarlle o pescozo. Os animalistas acusan o autor nas redes de maltrato, mentres que el defendese asegurando que seguiu o protocolo do atordamento e do tiro na cabeza e que o animal si estaba morto.