Publicador de contidos
Publicador de contidos

Aparecen gatos e cans mortos pola inxestión de veleno nun barrio da Coruña

Aparecen gatos e cans mortos pola inxestión de veleno nun barrio da Coruña

Andan á procura do responsable ou responsables

G24.gal 19/07/2023 14:16

Os veciños alertan do veleno en varias zonas do barrio das Flores.

"Poñen cebos e, ás veces, ata os deixan con alfinetes".

"En quince días xa morreron 3 animais", comentan os veciños.

E din que o veleno tamén supón un risco para os veciños, sobre todo para os máis pequenos.

"Eu, por exemplo, teño dous fillos pequenos que tocan e collen todo... imaxina o perigo", argumenta unha veciña do barrio.

Así que andan á procura do responsable ou responsables, malia que algún veciño cre saber quen está detrás de todo isto. E para ter probas que o inculpen, nos seus carteis xa advirten de que no barrio hai cámaras instaladas para poder pillalo na allada.

Amais, piden a colaboración cidadá para poder rematar con este problema, e antes de que haxa máis vítimas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar