Aparece o corpo sen vida do home que desaparecera no Vicedo
Aparece o corpo sen vida do home que desaparecera no Vicedo
O cadáver apareceu flotando no mar entre a praia de Alegrín e a de Abrela
O dispositivo de busca montouse despois de que o home, de 83 anos, marchara recoller camaróns e non regresara
Este mediodía o dispositivo de busca atopaba o corpo sen vida do home de 83 anos, veciño do lugar do Folgueiro, no Vicedo, que desaparecera esta madrugada. Saíra da casa a buscar camaróns para cebo de pesca e non regresou a casa.
O cadáver estaba flotando no mar preto dunha furna entre a praia de Alegrín e a de Abrela, ao lado do Fociño do Porco, na Mariña. O lugar é habitual de pescadores porque hai pozas e furnas boas para o marisqueo e a pesca. O home, de feito, adoitaba acudir ao lugar.
O seu coche fora atopado nas inmediacións desa praia e por iso a busca se intensificara por esa parte.