Aprazada a fin do xuízo polo crime de Valga ao pedir a defensa a atenuante de confesión tardía
Aprazada a fin do xuízo polo crime de Valga ao pedir a defensa a atenuante de confesión tardía
As alegacións finais serán o luns e previsiblemente o xurado retirarase a deliberar o martes
A defensa de José Luis Abet, único acusado polo triple crime de Valga, pediu incorporar ás súas conclusións a atenuante de confesión tardía. Ante esta petición a presidenta do tribunal decidiu darlles ás partes presentadas na causa máis tempo para que analicen esta modificación.
Non será polo tanto ata o luns cando presenten os seus alegatos finais e se lle dea ao acusado a oportunidade de tomar a última palabra. No inicio do xuízo Abet rexeitou facelo.
Este cambio provocará previsiblemente que o xurado popular non se retire a deliberar o seu veredicto ata o próximo martes. José Luis Abet se enfronta a petición de prisión permanente revisable por parte da fiscalía e as acusacións pola morte a tiros da súa exmuller e mais a irmá e a nai dela.
"Apreciamos que se trataba dun crime machista, un comportamento presidido por un afán de dominación, cousificación e tendencia á superioridade respecto á vítima. Mantivémolo desde o primeiro momento e a proba practicada aínda o referenda máis", apuntaba o avogado da acusación particular Francisco José Lago.