Aprazado o xuízo contra un mozo acusado de acoitelar un menor de idade no centro da Coruña
Aprazado o xuízo contra un mozo acusado de acoitelar un menor de idade no centro da Coruña
A ausencia da vítima, que é unha das principais testemuñas, e a dun perito obrigou a aprazar a vista
A vista quedou fixada para o 12 de setembro
O acusado ía ser xulgado este martes canda o seu irmán, tamén implicado, presuntamente, nos feitos. Porén a ausencia da vítima, que é unha das principais testemuñas, e a da dun perito obrigou a aprazar a vista.
A presunta agresión aconteceu na madrugada do 3 de xullo do ano pasado, na céntrica zona do Obelisco, tras varias liortas entre dúas cuadrillas de mozos, algúns menores de idade, na zona do Orzán.
Segundo o escrito da fiscalía, fíxoo coa intención de acabar coa súa vida. Pide para el oito anos de cadea por un delito de homicidio en grao de tentativa.
Ao seu irmán investígao por un delito leve de lesións e pide que sexa castigado cunha multa de 630 euros.
A vista quedou fixada para o 12 de setembro.