Publicador de contidos
Publicador de contidos

Como atallar hemorraxias para salvar vidas ante un accidente grave

Como atallar hemorraxias para salvar vidas ante un accidente grave

A perda de sangue é a primeira causa de morte en casos de politraumatismos

G24.gal 12/03/2023 14:20 Última actualización 12/03/2023 16:53

A intervención inmediata e eficaz ante os traumatismos con hemorraxia pode significar a diferenza entre a vida e a morte das persoas que sofren accidentes graves. De feito, pode reducir ata nun 75 % a mortalidade. 

O torniquete, un invento español de hai séculos, segue a ser o medio máis eficaz para atallar as hemorraxias. Hoxe evolucionou e hai múltiples modelos. Pero a esencia é a mesma: deter a perda de sangue cortando parcialmente a circulación.

Os dispositivos xurdiron de investigacións militares con feridos en combate. O seu uso serve para todo tipo de accidentes con perda de sangue: laborais, de tráfico, agresións con armas... 

Estes días, un grupo de profesionais médicos aprende as técnicas de manexo nun curso promovido pola Asociación Española de Cirurxiáns na sede de Sanidade en Ourense.

Ademais de atallar a hemorraxia, o alumnado aprende a importancia de contar o tempo de perda de sangue. O curso vaise estender tamén aos bombeiros e ás forzas e corpos de seguridade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade