Cargando resultados...
Os corpos dos falecidos no naufraxio do Argos Georgia continúan no Reino Unido
Os corpos dos falecidos no naufraxio do Argos Georgia continúan no Reino Unido
A repatriación dos restos mortais dos tres mariñeiros galegos mortos no afundimento vai tardar aínda varios días
G24.gal
03/08/2024 11:27
Última actualización 03/08/2024 11:56
Os corpos recuperados no naufraxio do Argos Georgia permanecen no Reino Unido dende o mércores onde se lles están a practicar as autopsias.
Entre eles están os tres galegos Santiago Leyenda, César Acevedo e Antonio Barreiro, veciño de Noia, identificado esta semana grazas a unhas probas dentais.
Deste xeito, o único galego que continúa desaparecido tras o afundimento do pesqueiro nas Malvinas é Juan Antonio García Rey, natural de Ribeira.
Unha vez rematados os protocolos da autopsia, os restos mortais deberán permanecer aínda varios días no Reino Unido ata que se formalicen os trámites da repatriación, da que se ocupan os seguros.