Publicador de contidos
Publicador de contidos

Armón Vigo construirá o buque oceanográfico máis moderno da frota española

Armón Vigo construirá o buque oceanográfico máis moderno da frota española

A ministra de Ciencia e Innovación presidiu a colocación da quilla do buque 

A súa construción dará traballo durante dous anos a unhas 250 persoas

É un barco híbrido que poderá traballar por todos os océanos do planeta

G24.gal 15/10/2022 19:28 Última actualización 15/10/2022 20:25

Os estaleiros Armón de Vigo serán os encargados de construír o buque oceanográfico máis grande da frota española, o Odón de Buen. Durante dous anos, dará traballo a unhas 250 persoas.

A ministra de Ciencia e Innovación presidiu este sábado a colocación da súa quilla nun acto simbólico. Non é o primeiro que se fai neste estaleiro e, segundo Diana Morant, tampouco será o último para a cidade de Vigo. 

O Goberno investirá 85 millóns de euros na construción deste buque, de 85 metros de eslora e 18 de manga, que vai permitir estudar os fondos mariños de todo o mundo, incluídas as zonas polares.

Gas licuado

É un barco híbrido, dotado coa última tecnoloxía, que utilizará gas licuado para moverse no camiño da sustentabilidade. 

A súa autonomía é de 50 días de navegación e está deseñado para ser silencioso e respectuoso co medio. Poderá traballar en profundidades superiores aos 6.000 metros.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade