Armón Vigo construirá o maior patrulleiro da Garda Civil
Armón Vigo construirá o maior patrulleiro da Garda Civil
O buque terá uns 82 metros de eslora, 32 máis ca o actual e construirase en 27 meses
Contará con sistemas moi avanzados e máis prestacións que a patrulleira "Río Miño"
A súa finalidade será a loita contra o contrabando e o control da inmigración ilegal
O estaleiro Armón Vigo construirá en 27 meses o maior patrulleiro da Garda Civil.
O novo buque oceánico substituirá o actual, o "Río Miño", entregado en 1984, que deixará de dar servizo en 2025.
Co novo patrulleiro renovaranse as capacidades loxísticas e operativas nos ámbitos de control da Garda Civil.
O estaleiro Armón Vigo será quen constrúa o buque. O contrato supón uns 35 millóns de euros. O buque terá uns 82 metros de eslora, 32 máis ca o actual.
"Dispón dun heliporto e tamén leva a bordo dúas embarcacións rápidas para facer os labores de apoio", di Rafael Calderón, director da área de naval e defensa de Ghenova Enxeñería, empresa encargada do deseño.
A nova patrulleira oceánica será o barco de maiores dimensións da frota do instituto armado español.
A súa finalidade será a loita contra o contrabando e o control da inmigración ilegal. Conta cos medios necesarios para levar a cabo este cometido e dispón de infraestrutura de salvamento. As súas tarefas poderán desenvolverse en augas nacionais ou internacionais.
"As actividades que poderá desenvolver serán a de recollida de náufragos ou de inmigración, para as que dispón incluso de instalacións hospitalarias a bordo", engade Rafael Calderón.
Este tipo de embarcacións están deseñadas para navegar en condicións meteorolóxicas adversas.
A construción durará uns 27 meses.