Publicador de contidos
Publicador de contidos

Arquivada unha causa por tráfico ilegal de aves contra un criador do Porriño

Arquivada unha causa por tráfico ilegal de aves contra un criador do Porriño

Comisáronlle 48 aves, das que 9 acabaron morrendo

G24.gal 11/04/2024 14:01

Un criador de aves do Porriño sufriu un operativo do SEPRONA que considera desproporcionado. Leváronlle da casa 48 aves, rexistráronlle toda a casa, comisáronlle o móbil e ata chegaron a esposalo. Agora, coa causa por tráfico ilegal de aves arquivada, será el quen pida explicacións no xulgado.

José coida con agarimo os 40 animais que lle quedan. Dálle o alimento cunha xiringa a unha pequena cacatúa rosa ou pesa e mide os ovos que ten nas súas incubadoras e segundo di ten todo legal. Mesmo os animais que lle incautaron que non eran seus tamén tiñan papeis, aínda que non estaban na súa casa. Pero no momento de intervención en xullo do 22 ninguén lle fixo caso.

José considera que coa nova lei de benestar animal esta cultura de cría de aves, que tan feliz fixo a persoas como o seu pai, podería desaparecer.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade