Cargando resultados...
Arranca con éxito a campaña de vieira na ría de Ferrol
Arranca con éxito a campaña de vieira na ría de Ferrol
Os mariscadores chegaron a porto co tope permitido
Teñen por diante 16 días de traballo
G24.gal
06/03/2023 14:49
Rápido e sen problemas. Así traballaron os 25 mariscadores das confrarías de Ferrol, Mugardos e Barallobre nesta primeira xornada da campaña da vieira.
Tras dous anos sen poder extraer este bivalvo por mor dos altos niveis de toxina, os mariscadores chegaban a porto co cupo diario permitido, 60 quilos de vieira por tripulante.
Tras o éxito do primeiro día, confían en que as análises sigan sendo favorables para poder concluir esta campaña que calculan que durará un mes.
Agora seguirán traballando na vieira ata o xoves e despois agardan poder continuar coa extracción a vindeira semana.