Publicador de contidos
Publicador de contidos

Arrastran un hostaleiro de Brion 20 metros engachado nunha furgoneta

Arrastran un hostaleiro de Brion 20 metros engachado nunha furgoneta

Intentaba cobrarlles unhas botellas de alcol que mercaran os seus agresores

G24.gal 08/06/2023 13:29

Un hostaleiro de Brión sofre importantes lesións tras ser arrastrado uns 20 metros enganchado á furgoneta duns clientes aos que intentaba cobrarlles unhas bebidas que finalmente non pagaron.

Os supostos agresores son unha parella que xa foi detida e quedou en liberdade, cunha orde de afastamento da vítima e da súa muller.

Un cartel na fachada advirte os clientes que o restaurante Kratos permanece pechado temporalmente por enfermidade. O seu propietario, Manuel, recupérase das graves lesións que sufriu durante un roubo hai un par de semanas.

Foi un venres pola noite, cando unha muller entrou a comprar unhas botellas de alcol. Atendeuna a muller de Manuel. No momento de pagar a tarxeta daba problemas e a clienta pediulle que saíse fóra para cobrarlle ao home que a esperaba nunha furgoneta. Saíu Manuel.

A propietaria da farmacia situada en fronte do restaurante foi a primeira en auxiliar a Manuel, como nos relataba esta mañá unha das súas empregadas.

O hostaleiro sufriu rotura de úmero, feridas na cara, contusións por todo o corpo e mesmo partiu un dente. Dáse a circunstancia de que os agresores viven moi preto do restaurante. Moitos veciños son reticentes a falar por temor a represalias. Ao parecer non é a primeira vez que provocan algún altercado.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade