Publicador de contidos
Publicador de contidos

As axencias comezan a vender os billetes para as viaxes do Imserso

As axencias comezan a vender os billetes para as viaxes do Imserso

Para este programa ofertáronse 816.029 prazas

G24.gal 14/12/2021 08:26

As axencias de viaxes empezan a comercialización de viaxes do Programa de Turismo Social do Imserso para a tempada 2021-2022.

A venda farase por fases, en concreto, os días 14 e 15 de decembro iniciaranse en 12 rexións. As primeiras Comunidades Autónomas en vender viaxes serán as illas Canarias, as illas Baleares, Castela A-Mancha, Castela e León, Cataluña, Galicia, A Rioxa, Navarra, País Vasco, Asturias, Aragón e Ceuta.

Os días 16 e 17 comercializaranse en Comunidade Valenciana, Andalucía, Estremadura, Cantabria, Madrid, Murcia e Melilla.

Para este programa ofertáronse 816.029 prazas. Segundo o ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030, os xubilados poderán reservar máis viaxes (sempre que haxa prazas vacantes) a partir de dous días despois do inicio das vendas na súa comunidade autónoma.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade