As confrarías piden unha xuntanza co ministro de Pesca
As confrarías piden unha xuntanza co ministro de Pesca
Consideran necesaria unha axuda de 40 céntimos por litro
Todo son ameazas para o sector pesqueiro, a escalada de prezos do combustible está a levar a unha situación límite moitos armadores que traballan a perdas, na grande altura perden o 87 %, na altura un 66 % e na baixura un 40 %. Consideran que non poden facer repercutir a suba no consumidor final, ademais as petroleiras estanos a obrigar a facer o pagamento anticipado do combustible.
Os armadores da cooperativa de Vigo, altamente internacionalizados, teñen outro problema engadido, xa que non se poden beneficiar das axudas do Goberno español.
Na xuntanza telemática de hoxe as confrarías acordaron solicitar unha xuntanza co ministro de Pesca, Luis Planas. Tamén cuantificaron a axuda necesaria por litro en 40 céntimos, xa que nalgunhas comunidades o combustible está a un con dez ou un con vinte euros o litro.