Publicador de contidos
Publicador de contidos

As confrarías "suplican" en Bruxelas a fin do veto á pesca de fondo

As confrarías "suplican" en Bruxelas a fin do veto á pesca de fondo

Reúnense co comisario de Pesca, pero non logran cambiar a súa postura

Estiman que o veto reduciu nun 50 % as descargas en porto

Antón Montero 18/11/2022 20:21 Última actualización 18/11/2022 20:45

Tiveron que facer tres solicitudes, pero, por fin, este venres o comisario europeo de Pesca, Virginijus Sinkevicius, recibiu unha delegación das confrarías de pesca españolas. Foi unha hora de xuntanza en que o tamén patron maior de Burela suplicou a suspensión do veto á frota de fondo.

"Non nos serve de nada modificala. A nosa súplica foi para que, ata que tivese ese novo informe, con datos actualizados e con pegada pesqueira dos barcos aos que vai afectar, non só os de arrastre, que quedase en suspenso. Caeu un pouco en saco roto", explicou Basilio Otero.

O comisario amparouse nuns informes científicos que non se actualizarán ata xaneiro.

Segundo Otero, díxolles que "é posible que se cambie, que van esperar novos informes científicos, que en xaneiro xa se verá o que se fai".

"Primeiro era en novembro, logo en decembro, agora en xaneiro. O tempo vai pasando e os barcos teñen que saír todos os días. Se isto non se cambia, vai haber xente que o pase moi mal", quéixase o patrón maior.

Segundo as confrarías, no mes que leva en vigor a prohibición, a frota reduciu nun 50 % as súas descargas en porto, unha mingua que se suma ao maior gasto en combustible pola acumulación de barcos nos mesmos caladoiros.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade