Publicador de contidos
Publicador de contidos

As empresas lácteas sacan convois con produto envasado e manterán a recollida

As empresas lácteas sacan convois con produto envasado e manterán a recollida

Algúns produtores din que a situación está lonxe de regularizarse e que aínda non lles está a chegar alimento para os animais con normalidade

EFE 25/03/2022 13:33

As industrias lácteas que operan en Galicia conseguiron sacar nas últimas horas convois de produto envasado dos seus almacéns con destino a diferentes puntos de venda, de modo que, polo menos durante esta fin de semana, non terán problemas para manter a produción e, polo tanto, a recollida nas granxas do país.

Así llo confirmou a EFE o responsable do sector lácteo de Unións Agrarias (UUAA), Óscar Pose, quen tamén informou de que este venres todas as industrias lácteas están a recoller o leite dos seus provedores.

En todo caso, produtores de leite galegos, como Carlos Dablanca, que ten unha explotación no municipio lucense de Palas de Rei, recoñecen que a situación aínda está lonxe de normalizarse, porque aínda que as industrias están a recoller o leite, non o fan coa frecuencia habitual debido ás circunstancias.

Por outra banda, dixo que aínda non está a chegar alimento para os animais ás explotacións con normalidade, especialmente cereais, e é probable que non reciban colza ata a próxima semana, polo que aínda van “un pouco xustos”.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade