Publicador de contidos
Publicador de contidos

O xacemento de Brandomil descobre a cidade romana máis occidental de todo o imperio

O xacemento de Brandomil descobre a cidade romana máis occidental de todo o imperio

As escavacións deixan á vista treitos orixinais de dúas calzadas romanas e acreditan a relevancia extraordinaria dun trazado urbano habitado entre os séculos I e V

G24.gal 23/08/2024 13:45

Traballan no que é a cuarta fase dun proxecto que pada a pada non deixa de sorprender. Os últimos achados neste predio de Pedra do Altar incrementan a superficie ocupada en época romana e fai reformular o publicado ata agora. O arqueólogo director das escavacións de Brandomil apunta a que foi unha cidade, a máis occidental de todo o imperio romano.

"Indicios de urbanismo, a existencia de varias casas, non descartamos esa 'mansio' esa posta de repostaxe a carón da vía romana. Todos estes datos lévannos a pensar en algo así. E a existencia das dúas vías. Os únicos dous treitos de vía. Unha superposta á outra que existen na provincia da Coruña actualmente", di Lino Gorgoso

Preto das minas romanas de ouro sitúase nunha ruta comercial que explica os importantes restos atopados. Hoxe mesmo, este anel de bronce. Hai pezas rexistradas da península e outras nunca localizadas tan ao norte da Hispania romana. 

O arqueólogo explica que "agora xa temos tamén pezas que veñen do extremo oposto do imperio. Da zona mediterránea oriental. Podemos falar de cerámicas de Chipre, de Exipto"

E apuntan a que estivo ocupada, cando menos 500 anos de xeito ininterrompido, entre os séculos I e V da nosa era. A escavación pon no mapa arqueolóxico Brandomil, nun concello de menos de cinco mil habitantes.

"Gustaríanos poder descubrir se non todo, a maior parte do que está soterrado. E a seguinte fase, á parte de seguir escavando é poñer paneis explicativos e facer visitable toda a zona", di o Alcalde de Zas, Manuel Muíño. 

Porque a idea é aproveitar o patrimonio como recurso. E obter un retorno económico do esforzo que agora fan a carón da Fundación Brandomil.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade