Publicador de contidos
Publicador de contidos

As mariscadoras de Noia e Muros denuncian o grave prexuízo do furtivismo

As mariscadoras de Noia e Muros denuncian o grave prexuízo do furtivismo

Pídenlles ás administracións apoio para vixiar toda a cadea do furtivismo, desde os que marisquean aos que compran

O presidente da agrupación de mariscadores a pé de Noia na zona onde adoitan traballar os furtivos
G24.gal 28/03/2023 13:19

As mariscadoras de Noia e Muros paralizaron a campaña no mes de marzo pola mortaldade do marisco a causa da chuvia intensas do inverno. Coa medida pretendían que se recuperasen os bancos, pero os furtivos están esquilmando o marisco, especialmente nesta zona de Esteiro porque poden traballar incluso coa marea chea e é doada de vixiar para os furtivos.

Para erradicar esta práctica ilegal cren que é preciso que o castigo sexa exemplar porque os furtivos adoitan declararse insolventes e aínda que lles impoñan sancións administrativas non as pagan. Pídenlles ás administracións apoio para vixiar toda a cadea do furtivismo, desde os que marisquean aos que compran.

Envíanlles tamén unha advertencia aos compradores do marisco procedente do furtivismo porque non ten garantías sanitarias e pode non ser apto para o consumo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade