Publicador de contidos
Publicador de contidos

As obras manterán cortada a liña ferroviaria Ourense-Lugo durante catro meses

As obras manterán cortada a liña ferroviaria Ourense-Lugo durante catro meses

Renfe ofrece un plan alternativo de transporte de viaxeiros por estrada 

G24.gal 04/01/2022 20:47

Desde o próximo luns e ata o 10 de maio non circularán trens entre Ourense e Lugo, polas obras de mellora na vía entre Monforte de Lemos e Lugo.

As obras inclúen traballos de drenaxe, pasos superiores, taludes de trincheiras e túneis canda o cambio da electrificación do treito Monforte de Lemos -Ourense, de 75 quilómetros, e a electrificación do de Monforte-Lugo. Ao tempo, acometerase a renovación da estación de Monforte.

Neste tramo, os viaxeiros serán trasladados en autobús, mentres se acometen os traballos. Xa o 9 de xaneiro, o tren Intercity que sae de Ourense ás 23:00 horas e chega a Lugo ás 00:35 horas finalizará o seu percorrido en Monforte de Lemos e os viaxeiros chegarán a destino por estrada.

Se xa teñen billetes mercados para esas datas, Renfe ofrécelles a posibilidade de anulalos ou cambialos sen custo adicional.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade