Publicador de contidos
Publicador de contidos

As ONG galegas que traballan na fronteira de Ucraína animan a facer achegas económicas

As ONG galegas que traballan na fronteira de Ucraína animan a facer achegas económicas

Galicia responde á situación de emerxencia que vive Ucraína cunha onda de solidariedade.

As ONG galegas que xa están traballando na zona animan a poboación a facer achegas económicas e non en especies.

G24.gal 05/03/2022 15:04

Máis dun millón de civís fuxiron xa da guerra en Ucraína en só unha semana, segundo Acnur. Ante este éxodo da poboación tan rápido, a Unión Europea mobilízase para acoller os desprazados. Neste momento Galicia está en condicións de recibir máis dun milleiro de refuxiados, pero o número podería ser maior, segundo Arturo Parrado Director Xeral de Incluión Social da Xunta.

Non só se pode ver ampliado, senón que se vai ver ampliado porque son moitos os recursos que están a chegar. Galicia non vai escatimar esforzos.


A Xunta tamén pon a disposición do Goberno central 430 camas en hospitais para a poboación de Ucraína que necesite atención sanitaria, por agora descoñécese cando comezarán a chegar os refuxiados.

As ONG para o Desenvolvemento da comunidade galega que traballan xa nas fronteiras de Ucraína piden neste momento doazóns económicas.  Explícao Felipe Noya voluntario de Médicos do Mundo.


 Cando facemos esta recomendación non a facemos por unha cuestión ideolóxica senón de eficacia. Nós traballamos con plataformas que adaptan a axuda ás necesidades .

Felipe Noya advirte que o peor está por vir e que a guerra traerá máis necesidades.

O apoio mediático inicial é cando as consecuencias da guerra aínda non chegaron. A guerra non é a solución de ningún problema. A guerra é a causa de pobreza, da miseria, de enfermidades e moitas veces iso ata dentro de meses non chegará.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade