As panaderías suprimen rutas de repartimento para reducir custos
As panaderías suprimen rutas de repartimento para reducir custos
Tamén subiron o prezo do pan e reduciron horarios
A fariña subiu máis dun 40 % só nun ano
Subir os prezos, pechar os domingos e festivos ou suprimir as rutas de repartimento menos rendibles. Son as medidas que están a tomar numerosas panaderías ante a suba imparable dos custos de produción. Fariña, fermentos e mesmo a leña subiron ata un 40 % pola escaseza derivada da guerra en Ucraína. E a iso hai que sumarlle a suba dos combustibles e da electricidade.
Panaderías que contan con máis dun local pecharon temporalmente os menos concorridos. Tamén se reduciu o repartimento polas aldeas quedando en só unha visita semanal aos lugares máis afastados. Os despedimentos de empregados son outra medida nalgúns casos. Noutros non hai man de obra. Os consumidores ven con preocupación o que acontece.
Así pois, augúrase un inverno con menos pan e máis caro.