Publicador de contidos
Publicador de contidos

As picaduras de dúas avespas en Ourense e Beariz mobilizan o helicóptero medicalizado

As picaduras de dúas avespas en Ourense e Beariz mobilizan o helicóptero medicalizado

Dúas persoas, unha en Beariz, e outra en Palmés, precisaron traslados de urxencia ao hospital

Imaxe do helicóptero do 061-Galicia Imaxe do helicóptero do 061-Galicia
G24.gal 24/06/2023 18:50

As picaduras de dúas avespas en Ourense e Beariz mobilizaron este sábado un helicóptero medicalizado, informa o 112.

A primeira das picaduras produciuse ás 10:45 horas en Beariz. A  vítima foi unha persoa alérxica, polo que foi mobilizado o helicóptero con base en Ourense. O home estaba a realizar traballos agrícolas nunha leira cando lle picou a avespa.

Ás 12:40 horas produciuse un incidente semellante no lugar do Burgo, na parroquia de Palmés, na capital ourensá, que obrigou tamén a despregar o devandito equipo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade