Publicador de contidos
Publicador de contidos

As previsións de lúas de mel animan o sector das axencias de viaxes

As previsións de lúas de mel animan o sector das axencias de viaxes

Estímase que en 2022 haberá 200.000 casamentos en España

G24.gal 26/01/2022 20:33

Os plans de voda e de lúas de mel regresan con forza este ano e, canda eles, as esperanzas de recuperar certa normalidade no traballo de moitos sectores, entre eles, as axencias de viaxes. 

Os 200.000 casamentos que se prevén para este 2022 (e na cifra inclúense os adiados nos dous anos anteriores) elevan as previsións de recuperación deste sector. O 41 % dos traballadores das axencias de viaxes en Galicia aínda continúan en ERTE.

O traballo desta axencia viguesa na organización de lúas de mel acaba de ser recoñecido cun dos premios do portal Bodas.net polos comentarios positivos da comunidade de usuarios. Os criterios mellor valorados son os espazos abertos e as coberturas dos seguros. 

A pesar de que moitos destinos están aínda pechados, a demanda de viaxes turísticas esta primavera xa aumentou un 140 % con respecto ao ano pasado, segundo a plataforma Expedia. E nesa porcentaxe pesan moito as viaxes de noivos. 

En febreiro de 2021, o 72 % do persoal das axencias de viaxes galegas estaba en ERTE. Na actualidade, a taxa sitúase no 41 %.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade