As rebaixas finalizan cun balance desigual no comercio galego
As rebaixas finalizan cun balance desigual no comercio galego
De "frouxas" a "espectaculares", a conclusión das rebaixas deixa sensacións diversas
As rebaixas rematan este xoves, 31 de agosto, e aínda non hai datos oficiais, pero a impresión que transmite as federacións de comercio é que o comportamento foi desigual en Galicia.
En Pontevedra falan dunha recuperación de vendas prepandemia e estiman que os ingresos incrementáronse entre un 5 e un 10 por cento con respecto a hai un ano. En Ourense cualifícanas de frouxas polos datos que están empezando a recibir dos comerciantes.
En Santiago, din literalmente que non foi unha campaña para botar foguetes, máis ou menos como o verán pasado e así o confirman nalgúns establecementos pero tamén hai quen está realmente moi contento de como lle resultou a campaña.