Cargando resultados...
As vendas e encargas de marisco galego para o Nadal "van lentas"
As vendas e encargas de marisco galego para o Nadal "van lentas"
O incremento dos contaxios mesmo causa cancelación de pedidos
Súmase a escaseza de produtos e o seu encarecemento
G24.gal
05/12/2021 20:57
A suba da cesta da compra parece ralentizar as vendas de cara o Nadal. A vinte días das festas e cos contaxios subindo, a présa por adiantar as compras do peixe e marisco semella pequena.
As peixeiras da praza de abastos de Pontevedra asumen que decembro chega cheo de incertezas que repercuten nas vendas. Tamén que as encargas de marisco baixen debido ao paro patronal anunciado polo sector do transporte.
O último estudo da Organización de Consumidores apunta a unha suba de prezos da cesta da compra xeralizada, que nalgúns alimentos básicos supera o 20 por cento.