Publicador de contidos
Publicador de contidos

Detida unha muller polo asasinato a tiros dun irmán de Begoña Villacís nun posible axuste de contas

Detida unha muller polo asasinato a tiros dun irmán de Begoña Villacís nun posible axuste de contas

Recibiu disparos na cabeza e no peito desde un coche en que viaxaban tres persoas

Borja Villacís estaba imputado nunha causa por narcotráfico na Audiencia Nacional

Un home que o acompañaba quedou ferido

A muller detida era unha das tres ocupantes do coche desde o que tirotearon a Villacís
G24.gal 04/06/2024 14:27 Última actualización 04/06/2024 22:13

Borja Villacís camiñaba con outro home por esta estrada entre Fuencarral e El Pardo cando un vehículo con 3 ocupantes parou á súa altura.

Segundo testemuñas, abriron fogo con rifles de caza. Dous balazos a queimarroupa mataron no acto o irmán da exvicealcaldesa de Madrid Begoña Villacís.

O seu acompañante quedou ferido. Pouco despois, os presuntos pistoleiros foron gravados cando aparentemente cambiaban as placas da matrícula nun descampado onde tamén se atoparon varias armas abandonadas.

A condutora era detida minutos despois no centro da capital de España. A polícía busca os seus dous cómplices. 

"A investigación estase xa desenvolvendo e esperemos que a curto prazo poidamos dar os resultados que todos desexamos" dixo Fernando Grande-Marlaska, Ministro do Interior.

Borja Villacís, de 44 anos, era membro dos Ultrasur, os seareiros máis radicais do Real Madrid. Acumulaba varias detencións por pertenza a grupos neonazis e por violencia de xénero.

Ademais, estaba imputado nun caso de narcotráfico que se investiga na Audiencia Nacional.

As primeiras hipóteses apuntan a un axuste de contas.

A súa irmá foi a número dous do popular José Luis Martínez-Almeida na coalición que gobernou Madrid na pasada lexislatura.

Hai un ano deixou a política, aínda que pecha de xeito simbólico a lista de Ciudadanos para as eleccións europeas deste domingo.

Policías e efectivos sanitarios no lugar do tiroteo en que morreu Borja Villacís Policías e efectivos sanitarios no lugar do tiroteo en que morreu Borja Villacís

A Policía Nacional investiga se o achado dunhas bolsas e unhas caixas con armas de fogo nun descampado fronte á sede de Mediaset, está relacionado co tiroteo. As armas foron retiradas do lugar polos axentes e trasladadas a dependencias policiais.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade