Atacadas dúas embarcacións por candorcas entre cabo Fisterra e Sálvora
Atacadas dúas embarcacións por candorcas entre cabo Fisterra e Sálvora
Salvalento Marítimo informa de que dous veleiros pediron auxilio onte á noite polo ataque dun grupo de candorcas
Atacaron aos veleiros Ormelune e Moana a seis millas de Corrubedo, en Ribeira
Dúas embarcacións alertaron onte á noite a Salvamento Marítimo do ataque dun grupo de candorcas.
Segundo informa Salvamento Marítimo a través o veleiro Ormelune quedou á valga con tres tripulantes a bordo tivo que ser remolcado ata Muros despois de que os cetáceos interaccionaran coa embarcación. O incidente ocorreu a 6 millas náuticas ao oeste de Corrubedo, en Ribeira.
O Moana tamén se atopou cun ataque de candorcas. A embarcación sufriu danos nos dous temóns, pero non precisou asistencia, xa que podía manobrar cos seus dous motores.
Velero Ormelune (3 tripulantes) remolcado esta noche por la S/Regulus a Muros tras interacción con orcas 6 mn W Corrubedo. Otro velero, el Moana, también sufrió interacción con orcas que dañaron los 2 timones, pero no necesitó asistencia ya que podía maniobrar con sus 2 motores. pic.twitter.com/FFzcgpjZ6Q
— SALVAMENTO MARÍTIMO (@salvamentogob) July 26, 2022