Publicador de contidos
Publicador de contidos

Aparece en Ferrol o corpo momificado dunha muller

Aparece en Ferrol o corpo momificado dunha muller

Foi atopado polos bombeiros nunha vivenda

Os efectivos encargados de sacala indicaron que podería levar varios meses falecida

 

Edificio no que residía a falecida Edificio no que residía a falecida
G24.gal 12/06/2024 17:19 Última actualización 12/06/2024 21:54

Persoal do parque de bombeiros de Ferrol localizou este mércores o cadáver momificado dunha muller no barrio de Catabois, onde accederon á vivenda na que permanecía o corpo coa axuda do seu camión dotado de escada.

Fontes municipais confirmaron que os efectivos se desprazaron ao edificio, situado na zona de Porta de Neira, ao fío das 12:30 horas a pedimento da Policía Nacional, cuxos axentes pretendían entregar unha citación xudicial.

Con todo, os traballadores contraincendios, ao entrar na casa, ratificaron que nun sofá había un cadáver dunha muller que, segundo as mesmas fontes, puidera falecer hai xa varios meses.

O corpo de seguridade investiga as causas que rodean este achado, tras o que se espera que nas próximas horas se realice a pertinente autopsia e a identificación do corpo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade