Publicador de contidos
Publicador de contidos

Atopan o cadáver dunha muller de 93 anos na súa casa de Vila de Cruces

Atopan o cadáver dunha muller de 93 anos na súa casa de Vila de Cruces

A hipótese principal é que faleceu por causa dun escape de gas

A falecida, enferma de alzhéimer, vivía soa

G24.gal 27/03/2022 22:47 Última actualización 14:30

Investíganse as causas da morte dunha anciá na súa casa de Vila de Cruces. A primeira hipótese é a dun escape de gas. Tiña 93 anos, vivía soa e padecía alzhéimer.

A súa filla, que vive preto, e o seu marido foron os que a atoparon na cociña e os que se decataron dese forte cheiro a gas.  Porén, nas primeiras medicións no lugar, dos bombeiros de Silleda e operarios de Repsol, non se detectou o posible escape.

Todos viven no lugar de Tirabá na parroquia de Camanzo e a filla estrañoulle ver as ventás pechadas durante todo o día de onte. Aínda que saía pouco da casa, súa nai acostumaba deixar entrar o aire sobre todo se estaba bo día. Por iso foi ata alí xunto ao seu marido pasadas as 9 da noite e foi cando a atopou.

A pesar de que a hipótese principal segue a ser o escape de gas, aínda existen dúbidas e non hai confirmación oficial.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade