Publicador de contidos
Publicador de contidos

Atopan os cadáveres dun home e unha muller nunha vivenda en Sevilla

Atopan os cadáveres dun home e unha muller nunha vivenda en Sevilla

De momento descoñécense as circunstancias das mortes, aínda que hai sinais de violencia nos corpos

No rexistro da vivenda os axentes atoparon plantas de marihuana

G24.gal 16/08/2023 09:11

A Garda Covil atopou os cadáveres dun home e unha muller en avanzado estado de descomposición nunha casa da localidade sevillana de Osuna. A falta de máis datos, sábese que as dúas persoas levaban mortas varios días.

O falecido é un home duns 55 anos de nacionalidade española, e a falecida, unha muller duns 45, que levaban varios anos vivindo na vila.

Efectivos de bombeiros foron os encargados de atopar os corpos, que estaban nunha vivenda á altura do número 58 da rúa Mancilla, preto da estación de ferrocarril do municipio sevillano, situado na comarca da Campiña.

Trátase dunha vivenda de planta baixa. Aentrada principal atópase precintada, á vez que se mantén a vixilancia da Garda Civil.

Os bombeiros foron alertados por unha persoa que requiriu os seus servizos para facer unha apertura forzada da porta da casa, e atoparon os dous corpos no interior, sen coñecer aínda as circunstancias do achado nin se hai sinais de violencia nos cadáveres.

Levaron os dous corpos ao Instituto de Medicina Legal de Sevilla, que será onde lles serán practicadas as correspondentes autopsias. 

Un xulgado da mesma localidade sevillana fíxose cargo da investigación. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade