Atopan parte dun dedo nunha cafetería de Redondela
Atopan parte dun dedo nunha cafetería de Redondela
Descubriron que pertencía a un veciño, que perdera parte da falanxe nun accidente laboral
A súa muller decidiu gardalo, pero, segundo parece, caeulle da chaqueta cando foi á cafetería
Aos traballadores dunha cafetaría de Redondela aínda lles dá terrexío lembrar o macabro achado que atoparon a semana pasada mentres limpaban o local.
Juan Figueirido, propietario da cafetaría, di que o atopou unha muller que estaba pasando a vasoira. Asegura que nun primeiro momento pensou que se trataba dunha uva, pero que logo descubriron que era unha falanxe dun dedo. Rapidamente notificáronllo á policía.
A Policía Nacional abriu unha investigación para intentar dar co home que perdeu o dedo. Non tardaron en facelo. Tras comprobar as pegadas, descubriron que pertencía a un veciño de Redondela que vivía a escasos metros do lugar onde apareceron os restos do polgar. Perdérao uns días antes nun accidente laboral.
Isolina Ramos, muller do home que amputou a falanxe, dixo que tras o accidente foron rapidamente ao centro de saúde e de aí ao Álvaro Cunqueiro, onde o operaron de urxencia. Estivo tres días ingresado. Asegura que días despois de recibir a alta chamouno a policía preguntándolle se perdera un dedo e que o acababan de atopar nunha cafetaría.
Quedaba por esclarecer como chegou a falanxe ata este establecemento. Isolina dixo que cando atoparon o dedo decidiu gardalo para enmarcalo, dixo que o fixo como broma porque o seu marido ten as mans moi bonitas. Asegurou que o meteu nun peto da chaqueta e que aí quedou. Apunta que lle debeu de caer cando foi á cafetería. Días despois decatouse de que xa non o tiña no peto, sinala cun sorriso.
Di o refraneiro popular que as penas con pan son menos penas..., e se hai humor aínda se levan mellor.