Morre un ciclista de 64 anos tras precipitarse mentres circulaba por unha estrada de Lalín
Morre un ciclista de 64 anos tras precipitarse mentres circulaba por unha estrada de Lalín
O suceso produciuse na EP-6004, entre os quilómetros 4 e 5, en Gresande, Lalín
As forzas da orde tratan de esclarecer as circunstancias que rodean o suceso
Un ciclista de 64 anos perdeu a vida tras caer mentres circulaba coa súa bicicleta na localidade pontevedresa de Lalín
Daban as 18:40 horas da tarde cando o 112 Galicia recibía o aviso por parte dun particular dun ciclista que precisaba asistencia sanitaria urxente posto que estaba inconsciente no chan.
O suceso produciuse na EP-6004, entre os quilómetros 4 e 5, en Gresande, Lalín. Enseguida, o 112 Galicia solicitou a intervención do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que só puideron confirmar o falecemento da persoa.
A maiores, os xestores do 112 Galicia tamén informaron aos Bombeiros de Silleda, ao GES de Lalín, aos axentes da Garda Civil e da Policía Local e aos efectivos de Protección Civil.
As forzas da orde tratan de esclarecer as circunstancias que rodean o suceso, aínda que todo parece apuntar a que o home sufriu unha indisposición e perdeu a vida.