Publicador de contidos
Publicador de contidos

Atraca un banco en Carral e detéñeno ás dúas horas na súa casa

Atraca un banco en Carral e detéñeno ás dúas horas na súa casa

O ladrón vive a 800 metros da oficina bancaria

Esta mañá pasou a disposición xudicial

G24.gal 18/11/2021 14:24

Un veciño de Carral detido por atracar unha oficina bancaria a menos de 800 metros da súa vivenda. O ladrón, que na mañá deste xoves pasou a disposición xudicial, foi detido dúas horas despois do roubo no seu domicilio.

Un atraco limpo e rápido, ao igual que foi a súa detención. En menos de dúas horas o presunto atracador pasou de ter 600 euros arredor das nove e media da mañá, os que presuntamente subtraeu desta oficina bancaria de Carral, a ser detido no seu propio domicilio ás once e media, a escasos 800 metros do lugar dos feitos.  

Alberto Casal Díaz, Sarxento Garda Civil Carral, explica que se trata dunha persoa maior duns 55  ou 60 anos "que non é o perfil típico dun atracador polo que non podía dirixir cara unha persoa da localidade". Amais tres testemuñas identificaron ao home o que facilitou o labor dos axentes.

Tamén as cámaras de seguridade do propio banco e de comercios próximos permitiron identificar moi rápido o suposto ladrón ao que só lle deu tempo de gastar menos de 11 euros do botín. 

Para a súa detención, mobilizouse non só a Garda Civil senón que tamén a Policía Local e un helicóptero. 

"Puidemos recuperar case a totalidade do diñeiro, en concreto 589,43 euros e incautóuselle a roupa que utilizou no atraco" como probas engade o sarxento Garda Civil Carral.

O detido, que parece non ter antecedentes e que entrou na oficina simulando ter unha pistola, foi posto a disposición xudicial esta mesma mañá.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade