Publicador de contidos
Publicador de contidos

Atracan unha anciá de Rois a plena luz do día

Atracan unha anciá de Rois a plena luz do día

O ladrón quitoulle o bolso con 200 euros, fármacos, a cartilla do banco e a documentación persoal

Teresa Bustelo
David Fernández 27/10/2021 14:49

Teresa, de 84 anos de idade, vive na Casa do Porto e levou un bo susto cando volvía da farmacia de Rois andando os tres quilómetros que hai ata onde vive. O susto é o que lle levaron, porque cando lle quedaba menos dun quilómetro saíulle un salteador e arrebatoulle o bolso.

Quedou sen 200 euros en efectivo, sen a documentación persoal, sen a cartilla de aforros, sen a chave da casa e sen os fármacos que fora mercar para o seu marido, que está impedido na cama. O autor ou autora do feito fuxiu co bolso. Sospeita que é alguén da zona.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade