Publicador de contidos
Publicador de contidos

Atracan cunha arma de fogo unha sucursal bancaria de Camariñas

Atracan cunha arma de fogo unha sucursal bancaria de Camariñas

O asalto foi na oficina do Banco Pastor da Ponte do Porto

G24.gal 27/02/2024 17:24 Última actualización 27/02/2024 20:31

Un home atracou cunha arma de fogo unha sucursal bancaria situada no municipio coruñés de Camariñas. Fuxiu cunha cantidade de diñeiro cuxa contía tratan de determinar as autoridades.

En concreto, o suceso tivo lugar ás 13.10 horas na oficina do Banco Santander situada na Ponte do Porto desta localidade da Costa da Morte.

Segundo informou a Garda Civil, o individuo entrou no banco e supostamente ameazou os empregados cunha arma de fogo para que lle abrisen a caixa, de onde subtraeu unha cantidade de diñeiro que as autoridades tratan de determinar.

 

As forzas da orde tratan de dar co paradoiro do presunto autor. Da investigación fíxose cargo a Policía Xudicial de Corcubión.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade