Atraco con pistola nunha sucursal bancaria de Vilaboa

A Garda Civil está buscando os autores do atraco, que marcharon sen deixar rastro

Sucursal bancaria onde tivo lugar o atraco
G24.gal 10/11/2023 14:24

O suceso produciuse ás 14.20 h desta tarde, nunha sucursal bancaria da localidade pontevedresa de Vilaboa, en Santa Cristina de Obres. 

Os dous atracadores entraron no banco pola porta principal. Ambos levaban a cara tapada e ían armados cunha pistola. Alí encontráronse cos dous empregados, aos que ameazaron e ataron no baño. Algunhas fontes falan de que roubaron a cantidade de 72.000 euros, unha cifra que non está confirmada nin pola sucursal nin polos corpos de seguridade.

Fuxiron do establecemento sen deixar testemuñas, pois nin sequera as persoas que estaban na terraza do bar de en fronte viron saír os dous individuos.

O pasado martes produciuse un atraco de características similares noutro banco, na localidade de Cabral, polo que a Garda Civil e a Policía Nacional barallan a posibilidade de que fosen os mesmos autores. Continúase coa investigación.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade